domingo, 27 de octubre de 2019

ABCdiario

Unha aportación máis para unha colección de abecedarios que tanto gustan e tanto xogo dan para achegar ao alumnado ao mundo das letras, a lectura e a escritura.



Pablo Otero convídanos a participar do seu amor polas letras, que para él son obxectos manipulables e vivos. ABCdiario é un poema visual no que, a través de distintas disciplinas artísticas, as letras xogan en paralelo coas accións do autor.


Imprescindible a súa reedición.

Cosas que no hacen los mayores

Cosas que no hacen los mayores é un divertido álbum de Davide Cali  ilustrado por Benjamin Chaud dedicado a todos aqueles adultos que nunca se portan mal.



Un divertimento para traballar sobre esas chamadas de atención que facemos aos máis pequenos constantemente, sen decatarnos que nós mesmos somos protragonistas cotiás delas.




A ter en conta as gardas que convidan a un xogo con cadros universalmente coñecidos e que promove recrear novas versións doutras obras a partir da lectura do álbum.



sábado, 26 de octubre de 2019

#LeoAutorasOct V

Al Sur é un marabilloso álbum milustrado de Sofía Venzel, unha galega de Rusía. Nel narra, dun xeito moi persoal, as viaxes que facemos ao longo da nosa vida, ás veces físicas e ás veces coa imaxinación. Simulando esas aves que viaxan dúas veces ao ano para coñecer outros lugares.


Unha narración cargada de metáforas visuais, dobres lecturase múltiples sígnificados. A aparente sobriedade da ilustración esconde continúas chamadas de atención sobre detalles resaltados en laranxa.

Unha invitación para traballar todas estas lecturas co noso alumnado, para aprender a ler con todos os sentidos. Para retomar o mundo das metáforas e as alegorías. Para ver e mirar.

Unha demostración de a ausencia de cores crea ilustracións con gran riqueza de contidos.





sábado, 19 de octubre de 2019

El gran libro de los sustos

Achégase o tempo das lecturas "terroríficas" nas que os máis pequenos tamén teñen cabida.



El gran libro de los sustos ofrécenos un xogo de solapas para descubrir o que hai no interior do imaxinario do Samaín e Halloween. Un xeito divertido de enfrontar os medos.


El progreso no para nunca

El progreso no para nunca ou cando a información ilustrada é o mellor xeito de achegar a evolución dos obxectos cotiás ao noso alumnado.


Un atractivo libro informativo que, a dobre páxina, nos fai viaxar pola evolución daquelas cousas que parece que sempre foron como son.

Imprescindible como recurso para proxectos de ciencia, tecnoloxía, historia e cacharreos varios.

domingo, 6 de octubre de 2019

#LeoAutorasOct IV

Lemos novidades de Autoras, un magnífico álbum ilustrado de María Ramos.


Bubble Gum Boy é a historia dun chicle que empeza curso nun novo cole. Vivimos con él os medos, as inquietudes, a incertidume daquel que se sinte diferente. Pero que marabilloso é que todos sexamos diferentes!

Un álbum para afrontar estos momentos de cambio e  traballar a inclusión e a diversidade nas nosas aulas. 



sábado, 5 de octubre de 2019

#LeoAutorasOct III

Autoras que falan de ciencia, que nos agasallan con textos e ilustracións para mirar, ver, aprender e investigar. Autoras que promoven a conservación e sensibilización co planeta no que vivimos e a súa biodiversidade.

Bellezas de la Naturaleza
Un novo texto de Virginie Aladjidi con ilustracións de Emmanuelle Tchoukrielque ofrece aos lectores unha  compilación que da continuidade á serie dos seus Inventarios Ilustrados.

Ciencia para todas as idades, un fermoso achegamento á diversidade do noso planeta a través da sensibilidade e a beleza estética.




viernes, 4 de octubre de 2019

#LeoAutorasOct II

Lemos sobre Autoras galegas en textos escritos e ilustrados por mulleres galegas. Mulleres bravas da nosa historia adapta a vida de Rosalía de Castro e María Victoria Moreno para os máis pequenos. 



María Lado achéganos a Rosalía nunha viaxe dende a infancia aos comezos literarios.
Eli Ríos dá voz a María Victoria Moreno, a que deu protagonismo ás personaxes femininas na nosa lingua.
Sumamos as ilustracións de Eva Agra cunha obra implicada coa visibilización feminina.

#LeoAutorasOct I

Hai catro anos que a Biblioteca Nacional está a promover o Día das Escritoras que  conmemoramos o 14 de outubro. Este ano o lema é: Mulleres, amor e liberdade.

Paralelamente, #LeoAutorasOct sinala outubro como o mes para ler, compartir e recomendar autoras.

Iniciamos as recomendacións para ler autoras co noso alumnado de infantil e primaria.
E facémolo con 3 títulos da colección Pequeña & Grande que falan de tres grandes autoras: Gloria Fuertes, Jane Austen e Agatha Christie. Unha colección escrita e dirixida por Mª Isabel Sánchez Vergara coa marabillosa colaboración de distintas ilustradoras.

Biografías de mulleres escritas e ilustradas por mulleres para poder traballar este tipo de texto cos máis pequenos. Mulleres únicas coas que aprender e identificarse. Mulleres que loitaron por aquelo no que creían.