domingo, 29 de septiembre de 2019

Os Planetas

Os Planetas de Margarita del Mazo e Cecilia Moreno, achega dun xeito lúdico, aos maís peuenos, ao sistema solar e o espazo. Entramos nun mundo de palabras, formas e cores que convidan a saber e investigar.




Érase 21 veces Caperucita Roja

Érase 21 veces Caperucita Roja é o resultado dun taller de verán nun Museo de Tokio, no que Vicente Ferrer, editor de Media Vaca, convidou a 21 ilustradores xaponeses a facer unha versión libre do conto de Perrault. 


Tras a lectura inicial do relato orixinal, viaxamos por historias de terror, risa, aventuras, romance ...
Unha lectura imprescindible para traballar co noso alumnado o que é un texto orixinal e os que son as versións. Unha lectura que nos permite achegarnos ás múltiples lecturas que ten un mesmo texto según quen o lea e interprete. Unha lectura que convida a crear unha nova versión. Unha lectura de imaxes que amosa diferentes estilos e técnicas.

E, como sempre, moi a ter en conta a calidade da editorial Media Vaca na súa edición. A importancia do seu traballo a dúas cores que convida a unha lectura repousada e atenta ao detalle.
Importante ofrecer ao noso alumnado este tipo de ilustracións dentro do bombardeo de imaxes e cores no que viven.

sábado, 28 de septiembre de 2019

Números

Números é un dos sorprendentes libros conceptuais de Menena Cottin.
9 globos e un alfinete en relevo xunto a letras en braille permiten unha lectura cos dedos e cos sentidos. Válido para todas as idades.




Migrantes

Migrantes é un imprescindible para as nosas bibliotecas escolares. Un álbum sen palabras para traballar e visibilizar o que o noso alumnado ve a diario nos medios de comunicación. Un grupo de animais que emprenden unha viaxe chea de morte e esperanza. As fantásticas ilustracións da peruana Issa Watanabe
promoven unha lectura reflexiva cara á empatía e solidaridade coas persoas que viven este drama. Unha ilustradora que promove a integración social a través da arte.emocións !
Isto sí que é traballar as emocións!!!






lunes, 23 de septiembre de 2019

Mil Orejas

“Perdí el oído a los siete años, pero no soy sorda. He querido explicar que tengo mil orejas diminutas regadas por todo el cuerpo”



Mil orejas é un poema visual que nos achega ao mundo das persoas con discapacidade auditiva. Pilar Guitiérrez constrúe un relato poético no que unha muller nos fala de como aprendeu a escoitar o mundo desde o silencio, de como a capacidade sensorial é a única forma de relacionarse con él.



As ilustracións de Samuel Castaño ofrecen outra lectura a través do diálogo entre o silencio e o son.



E para completar o libro aparece a tarxeta da linguaxe de acenos, distinta en cada lingua.

Esta publicación contou coa colaboración de persoas con discapacidade de todo o mundo, aos que se convidou a interpretar o poema.


Mil orejas en lengua de señas from Tragaluzeditores on Vimeo.

domingo, 22 de septiembre de 2019

Arte Reciclado

, un imprescindible para achegar ao noso alumnado á reutilización de obxectos cotiás para a creación artística. Para aprender a ver a beleza do cotiá, para educarnos na estética como algo necesario e imprescindible para aprender a ver o mundo.
O libro propón 15 retos creativos a partir da obra de artistas.




Acompañade esta lectura cos ready-made de Eugenio Granell



Fundación Eugenio Granell

Estamos de volta!

Despois de dous anos noutras cousas, xa tocaba! As marabillosas novidades editoriais convidan a facer reseñas de textos que nos axudan a traballar co alumnado de Infantil e Primaria. Libros para aprender, imaxinar, crear, fedellar e ante todo disfrutar!!!


Collage agasallo de Marga Camarero