viernes, 29 de noviembre de 2019

Yo Soy

Yo soy unha nova achega de Raquel Díaz Reguera



A historia dun neno "popular" ao que lle gusta unha nena "rarita". Novamente, a autora nos convida, dun xeito amable, a reflexionar sobre a exclusión de rapaces polo feito de ser diferentes, e nos axuda a como afrontar estas situacións.


Arquitec




Un xogo para aprender sobre a creación arquitectónica, para crear estructuras aprendendo a seguir as instruccións.



Imprescindible para os espazos creativos das bibliotecas, os proxectos sobre arquitectura ou arte e o traballo co texto instructivo.

El pavoroso miedo de Epifanía Susto

Outro cómic, para todas as idades, que nos axuda a falar dos medos.




El pavoroso miedo de Epifanía Susto de Gauthier e Lefèvre, achega a historia dunha nena que ten medo todo o tempo e este a acompaña a todas partes. Cansa de vivir sempre asustada, emprende unha viaxe na que distintos personaxes intentarán axudala a enfrentar os seus medos.




Unha lectura para traballar os medos infantis e superación dos mesmos.

Súper - Elo



Elo é unha pequena gran aficionada aos cómics pero con moitos medos. Para vencelos decide convertirse nunha superheroína como as que aprecen nas súas lecturas.
Pouco a pouco vaise dando conta de que as cousas non son tan malas como parecen.



Un cómic para os máis pequenos que sirve para tratar o tema dos medos e as inseguridades e como afrontalos. Unha lectura que presenta a unha nena lectora de cómic e superheroína. Unha reflexión sobre a lectura como ferramenta para solventar os nosos problemas.

miércoles, 27 de noviembre de 2019

La Guerra de Catherine

La Guerra de Catherine é un cómic escrito por Julia Billet e ilustrado por Claire Fauvel, gañador do Premio ao mellor Cómic Xuvenil do pasado Festival de Angouleme.



Unha lectura obrigatoria para o alumnado de Secundaria de Francia,  que nos achega a historia de Catherina como refuxiada xudea nunha institución educativa, durante a segunda guerra mundial. A historia, a medio camiño entre a realidade e a ficción, revela como o marabilloso entorno que rodea a escola e as prácticas educativas fomentan a creatividade. Catherine fai da fotografía a súa vía de escape e de entender a realidade. Pon de manifesto que a arte, en situacións de conflicto, é capaz de darlle a volta a todo. Catherine retrata o mundo facendo das súas historias memoria histórica.



domingo, 24 de noviembre de 2019

A alma perdida

Thule achéganos en galego unha xoia de álbum ilustrado: A alma perdida.


A premio nobel de literatura 2018, Olga Tokarczuk agasállanos cunha historia sobre a busca persoal,  do espazo propio, unha reflexión sobre o ritmo de vida actual e todo o que perdemos ... unha historia que flúe lenta e suave, convidando á reflexión.


A ilustradora Joanna Concejo súmase a esa narración lenta e tranquila cun debuxo minucioso e preciosista e cunha transición de cor, desde o sepia aos verdes e laranxas, que apoia o relato.




#25N: No me cuentes cuentos



Este é un proxecto colaborativo impulsado por Prodigioso volcán e Kloshletter, que pretende visibilizar o traballo de 100 pioneiras como exemplo e inspiración para as nenas que comezan a pensar no seu futuro.

Neste proxecto participaron, desinteresadamente, máis de 150 persoas e os contos poden escoitarse en podcast.






3 Cuentos Infinitos

Ediciones Tralarí ofréce 3 contos infinitos creados en flexágonos, que convidan a xogar, xirar, contar e inventar historias que nunca teñen fin.




Unha fantástica idea para que o noso alumnado poda crear os seus contos infinitos, unha actividade que convida ao traballo cooperativo e colaborativo no que cada quen aporta os seus potenciais.


sábado, 23 de noviembre de 2019

Animais - Froitas

Animais e Froitas son ás últimas novidades da colección Do berce á lúa.




 Os seus autores, Antonio Rubio e Óscar Villán, volven a agasallarnos con dous divertidos poegramas (pictogramas poéticos) nos que, dun xeito lúdico e melódico, coñeceremos aos animais , as froitas e as súas árbores.
Un convite a exercita a vista e o oído.

Si no te gusta leer, no es culpa tuya



Jimmy Liao convídanos a reflexionar sobre o papel da lectura e as librerías na sociedade actual.
Unha homenaxe á historia da literatura a través das citas de personaxes famosas e as ilustracións que nos levan dun xeito recurrente ao imaxinario do autor.


Unha fantástica idea para xogar co noso alumnado e convidalos (e convidarnos) a expresar as súas opinións sobre estas citas, a reflexionar sobre a a lectura, os libros, as librerías...



La piscina

La piscinaunha beleza de álbum ilustrado da marabillosa Ji Hyeon Lee.


Un convite a mergullarse nunha piscina que parece unha cousa e acaba sendo outra. Unha viaxe ao fantástico mundo da imaxinación, á busca do lugar propio, a mirar e ver o que hai máis aló da superficie. Un xogo entre o mundo gris da inmediatez e apariencia e o mundo de cor da curiosidade e o atrevemento. A alegría de cooperar e compartir...


Un valiosísimo exemplo de lecturas que nos inclúen a todos, que nos axudan a atopar o noso lugar.