Thule achéganos en galego unha xoia de álbum ilustrado: A alma perdida.
A premio nobel de literatura 2018, Olga Tokarczuk agasállanos cunha historia sobre a busca persoal, do espazo propio, unha reflexión sobre o ritmo de vida actual e todo o que perdemos ... unha historia que flúe lenta e suave, convidando á reflexión.
A ilustradora Joanna Concejo súmase a esa narración lenta e tranquila cun debuxo minucioso e preciosista e cunha transición de cor, desde o sepia aos verdes e laranxas, que apoia o relato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario