viernes, 6 de diciembre de 2019

O can de Milu

O can de Milu chega da man do XII Premio Internacional Compostela de álbum ilustrado.


Mariann Maray ilustra a historia dunha amizade moi especial. Amosa a importancia do cuidado e atención ás nosas mascotas. Pero sobre todo, é un canto á liberdade, á falta de prexuizos, ao non deixarse levar polos estereotipos, un canto á diversidade.


Ao tempo que convida a un disfrute estético, a mergullarse nun mundo de cores vibrantes e suxerentes. Unha viaxe da casa´á cidade e ao bosque , ese lugar de liberdade que atopan os dous amigos.
Unha oportunidade para afondar na estética näif e traballar co noso alumnado os contrastes de cores e a súa forza estética e expresiva.

Mvsevm

Mvsevm é un xoia que aúna o talento de dous grandes do álbum ilustrado: Manuel Marsol e Javier Sáez Castán.


Un álbum que convida a reflexionar sobre o que é un museo na sociedade actual. O protagonista, inspirado en Edward Hopper, ábrenos a porta dun extrano edificio no que a realidade e a ficción mestúranse nunha fascinante experiencia pictórica.



Ideal para traballar co noso alumnado o significado dos museos e o seu valor para eles, a experiencia pictórica, a simboloxía das imaxes ... e aproveitar para dar unha volta pola arte contemporánea.







viernes, 29 de noviembre de 2019

Yo Soy

Yo soy unha nova achega de Raquel Díaz Reguera



A historia dun neno "popular" ao que lle gusta unha nena "rarita". Novamente, a autora nos convida, dun xeito amable, a reflexionar sobre a exclusión de rapaces polo feito de ser diferentes, e nos axuda a como afrontar estas situacións.


Arquitec




Un xogo para aprender sobre a creación arquitectónica, para crear estructuras aprendendo a seguir as instruccións.



Imprescindible para os espazos creativos das bibliotecas, os proxectos sobre arquitectura ou arte e o traballo co texto instructivo.

El pavoroso miedo de Epifanía Susto

Outro cómic, para todas as idades, que nos axuda a falar dos medos.




El pavoroso miedo de Epifanía Susto de Gauthier e Lefèvre, achega a historia dunha nena que ten medo todo o tempo e este a acompaña a todas partes. Cansa de vivir sempre asustada, emprende unha viaxe na que distintos personaxes intentarán axudala a enfrentar os seus medos.




Unha lectura para traballar os medos infantis e superación dos mesmos.

Súper - Elo



Elo é unha pequena gran aficionada aos cómics pero con moitos medos. Para vencelos decide convertirse nunha superheroína como as que aprecen nas súas lecturas.
Pouco a pouco vaise dando conta de que as cousas non son tan malas como parecen.



Un cómic para os máis pequenos que sirve para tratar o tema dos medos e as inseguridades e como afrontalos. Unha lectura que presenta a unha nena lectora de cómic e superheroína. Unha reflexión sobre a lectura como ferramenta para solventar os nosos problemas.

miércoles, 27 de noviembre de 2019

La Guerra de Catherine

La Guerra de Catherine é un cómic escrito por Julia Billet e ilustrado por Claire Fauvel, gañador do Premio ao mellor Cómic Xuvenil do pasado Festival de Angouleme.



Unha lectura obrigatoria para o alumnado de Secundaria de Francia,  que nos achega a historia de Catherina como refuxiada xudea nunha institución educativa, durante a segunda guerra mundial. A historia, a medio camiño entre a realidade e a ficción, revela como o marabilloso entorno que rodea a escola e as prácticas educativas fomentan a creatividade. Catherine fai da fotografía a súa vía de escape e de entender a realidade. Pon de manifesto que a arte, en situacións de conflicto, é capaz de darlle a volta a todo. Catherine retrata o mundo facendo das súas historias memoria histórica.