Traballamos o poema "Descendencia" do libro "Poemas con piruleta".
Falamos das femias e as súas crías e traballamos a serie descendente do 10 ao 1.
"Por que todas as liñas empezan por A ?" - pregunta Hugo R. e averiguamos que é porque todas as A van seguidas polo nome dunha femia, si fose o macho levaría unha O diante.
Tamén observamos que todos os nomes das femias rematan en A. Son nomes femininos.
Completamos o poema cos nomes das femias e o número correspondente:
Relacionamos o debuxo de cada "descendencia" co número correspondente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario