viernes, 3 de enero de 2020

Nos Gusta Saber

Nos Gusta Saber  é unha colección de libros informativos que achega, dun xeito divertido, aos máis novos distintas áreas de coñecemento: matemáticas, ciencia, deporte, filosofía, astronomía, historia, música...





Tea y Camaleón son hermanos

Tea y Camaleon son hermanos, unha pequena gran xoia de María José Ferrada ilustrada por Koichiro Kashima.


Un álbum que fai do diminuto algo moi grande da man de dous irmáns. Un convite a viaxar coa imaxinación a un mundo no que as pequenas cousas teñen grandes historias que contar, no que todo pode ser unha aventura para os que se atreven.


Unha oportunidade para traballar o valor da familia e da amizade, para valorar a importancia dos que temos cerca sen que os saibamos e que nos coñecen tan ben que sobran os formalismos sociais e as veces ata as palabras. 



Unha oportunidade para coller a lupa (real ou imaxinaria) e aprender a ver e mirar os pequenos detalles. Para recrear historias a partir do universo de pequenas criaturas con que nos agasalla o ilustrador.




jueves, 26 de diciembre de 2019

Zoo-ilógico

Zoo-ilógico é un divertidísimo álbum de Raúl Romero e Ramón París.


O mundo animal é o protagonista dun brillante xogo de adiviñas. A dobre páxina, pregúnta ao lector por un animal e na seguinte páxina resolve o enigma.



Per tamén ofrece unha oportunidade para investigar e afondar nas cualidades dos animais que aparecen. Un deses libros que non saberiamos moi ben onde catalgor: álbum ou libro informativo? por que non os dous?.

Para aproveitar, as miniaturas que aparecen dialogando ao final do libro, unha oportunidade para seguir aprendendo de forma lúdica e seguir con este xogo infinito.

El muro en mitad del libro

El muro en mitad del libro é a obra multipremiada de Jon Agee.



O título do libro representa a metáfora do mesmo, un muro divide as dúas páxinas enfrontadas e vai fiando a historia.
Nun lado do muro, un pequeno cabaleiro vive máis preocupado do que hai a o outro lado que do que sucede as súas costas.


Unha oportunidade para traballar os medos, para achegarse á importancia de aprender a ver máis alá e a necesidade de derrubar os muros que nos impiden medrar e aprender.


sábado, 7 de diciembre de 2019

Juego de Letras

Juego de Letras unha nova achega da colección de poegramas De la cuna a la luna para prelectores.


Ese binomío fantástico, formado por Antonio Rubio e Óscar Villánvolve  a conseguir que rima e ilustración sumen un poema gráfico.
As letras do alfabeto, a través de textos rimados, vanse definindo polas cualidades ou semellanzas a obxectos diversos. Imprescindible para a colección de alfabetos das nosas biblios.

Retratos Animales

Retratos Animales ou como xuntar natureza, información, denuncia e arte.


Este libro recolle o proxecto Zoo Portraits do fotógrafo Yago Partal. Este proxecto, iniciado no ano 2013, ten como obxectivos a divulgación e a protección da natureza e o reino animal  a través da arte.
Os retratos humanizados buscan identificarse co espectador e aprender e defender as escpecies que representan.



Unha obra de arte que convida a aprender, reflexionar e crear. Imprescindible!!!

viernes, 6 de diciembre de 2019

Veo Veo ¿Qué ves?

Veo Veo ¿Qué ves? é un caderno de Emmanuele Ponty para fomentar  a imaxinación e liberar a creatividade.

A través das súas páxinas, que podes arrincar, descubrimos como transformar imaxes cotiás en outras sorprendentes. Aprendemos a mirar as cousas doutro xeito e a pensar que non sempre son o que parecen. Os exemplos propostos convidan ao alumnado a atreverse nos seus deseños. 

Veig-Veig from ZahoríBooks on Vimeo.