Mostrando entradas con la etiqueta Biografía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biografía. Mostrar todas las entradas

viernes, 4 de octubre de 2019

#LeoAutorasOct II

Lemos sobre Autoras galegas en textos escritos e ilustrados por mulleres galegas. Mulleres bravas da nosa historia adapta a vida de Rosalía de Castro e María Victoria Moreno para os máis pequenos. 



María Lado achéganos a Rosalía nunha viaxe dende a infancia aos comezos literarios.
Eli Ríos dá voz a María Victoria Moreno, a que deu protagonismo ás personaxes femininas na nosa lingua.
Sumamos as ilustracións de Eva Agra cunha obra implicada coa visibilización feminina.

#LeoAutorasOct I

Hai catro anos que a Biblioteca Nacional está a promover o Día das Escritoras que  conmemoramos o 14 de outubro. Este ano o lema é: Mulleres, amor e liberdade.

Paralelamente, #LeoAutorasOct sinala outubro como o mes para ler, compartir e recomendar autoras.

Iniciamos as recomendacións para ler autoras co noso alumnado de infantil e primaria.
E facémolo con 3 títulos da colección Pequeña & Grande que falan de tres grandes autoras: Gloria Fuertes, Jane Austen e Agatha Christie. Unha colección escrita e dirixida por Mª Isabel Sánchez Vergara coa marabillosa colaboración de distintas ilustradoras.

Biografías de mulleres escritas e ilustradas por mulleres para poder traballar este tipo de texto cos máis pequenos. Mulleres únicas coas que aprender e identificarse. Mulleres que loitaron por aquelo no que creían.