Mostrando entradas con la etiqueta inclusión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta inclusión. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de noviembre de 2019

Yo Soy

Yo soy unha nova achega de Raquel Díaz Reguera



A historia dun neno "popular" ao que lle gusta unha nena "rarita". Novamente, a autora nos convida, dun xeito amable, a reflexionar sobre a exclusión de rapaces polo feito de ser diferentes, e nos axuda a como afrontar estas situacións.


sábado, 23 de noviembre de 2019

La piscina

La piscinaunha beleza de álbum ilustrado da marabillosa Ji Hyeon Lee.


Un convite a mergullarse nunha piscina que parece unha cousa e acaba sendo outra. Unha viaxe ao fantástico mundo da imaxinación, á busca do lugar propio, a mirar e ver o que hai máis aló da superficie. Un xogo entre o mundo gris da inmediatez e apariencia e o mundo de cor da curiosidade e o atrevemento. A alegría de cooperar e compartir...


Un valiosísimo exemplo de lecturas que nos inclúen a todos, que nos axudan a atopar o noso lugar.




sábado, 28 de septiembre de 2019

Números

Números é un dos sorprendentes libros conceptuais de Menena Cottin.
9 globos e un alfinete en relevo xunto a letras en braille permiten unha lectura cos dedos e cos sentidos. Válido para todas as idades.




lunes, 23 de septiembre de 2019

Mil Orejas

“Perdí el oído a los siete años, pero no soy sorda. He querido explicar que tengo mil orejas diminutas regadas por todo el cuerpo”



Mil orejas é un poema visual que nos achega ao mundo das persoas con discapacidade auditiva. Pilar Guitiérrez constrúe un relato poético no que unha muller nos fala de como aprendeu a escoitar o mundo desde o silencio, de como a capacidade sensorial é a única forma de relacionarse con él.



As ilustracións de Samuel Castaño ofrecen outra lectura a través do diálogo entre o silencio e o son.



E para completar o libro aparece a tarxeta da linguaxe de acenos, distinta en cada lingua.

Esta publicación contou coa colaboración de persoas con discapacidade de todo o mundo, aos que se convidou a interpretar o poema.


Mil orejas en lengua de señas from Tragaluzeditores on Vimeo.