
Quen non xogou algunha vez cunha caixa de cartón?. O protagonista de "Non é unha caixa" deixa voar a imaxinación, deixemos que os nenos e nenas o fagan tamén partindo dun pequeno anaco de papel de embalar.

"A árbore das follas DIN A-4" achéganos ao mundo dos soños ,das ilusións...Pero tamén ás estacións do ano, ao mundo das letras, a saber de onde ven o papel sobre o que debuxamos, a coñecer as medidas dos papeis.
Neste album, gañador do premio Daniel Gil de Diseño Editorial, nos falan de todo aquelo que pode suceder en "Só un segundo" nunha rúa dun lugar calquera. Aprendemos así a valorar o tempo.
"Pequeno azul e pequeno amarelo" unha preciosa historia que nos fala do valor da amistade e que tamén nos achega ao fabuloso mundo das cores.
Partindo da lectura do libro aprendemos a facer a cor verde, coloreamos con cera Manley primeiro o redondo azul e despois o amarelo.Observamos que no lugar onde se xuntan aparece a cor verde. Despois vernizamos con Alkil.