sábado, 15 de enero de 2011

A casa da Mosca Chosca

"A casa da Mosca Chosca" é un estupendo album para traballar os números cardinais e ordinais, os tamaños, as rimas...
Para contalo precisamos dunhas gafas como as da mosca.
Pintamos un mural coa mesa dos convidados da Mosca Chosca, colocamos 7 velcros arredor da mesa onde iremos pegando cada un dos convidados que van aparecendo. Os nenos xogan co mural ao tempo que lembran o conto.
Despois lles damos unha ficha coa mosca e a montaña na que debuxarán a casa e repasarán o zoar da mosca cun rotulador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario