jueves, 6 de octubre de 2011

A mazá viaxeira

Hoxe a caixa dos contos traía unha sorpresa , en lugar dun conto había unha mazá.Pero non puidemos abrila , que misterio! teremos que buscar a un detective como dixo Icía. Decidimos buscar axuda , na sala de profes estaba Aida e lle explicamos o problema porque non entendíamos nada . Xusto alí descubrimos un cubo cun montón de debuxos nos que aprecía unha mazá medio vermella e medio amarela. Nun dos lados había unhas letras que nos contaron o título do conto misterioso : "A mazá viaxeira".
Despois de viaxar coa mazá polas charcas , mares , prados ,ceos e hortas , coloreamos a nosa maceira e traballamos o concepto de metade estampando coa mazá .





                         

                                                                             Ver Plantilla

No hay comentarios:

Publicar un comentario