domingo, 29 de septiembre de 2019

Érase 21 veces Caperucita Roja

Érase 21 veces Caperucita Roja é o resultado dun taller de verán nun Museo de Tokio, no que Vicente Ferrer, editor de Media Vaca, convidou a 21 ilustradores xaponeses a facer unha versión libre do conto de Perrault. 


Tras a lectura inicial do relato orixinal, viaxamos por historias de terror, risa, aventuras, romance ...
Unha lectura imprescindible para traballar co noso alumnado o que é un texto orixinal e os que son as versións. Unha lectura que nos permite achegarnos ás múltiples lecturas que ten un mesmo texto según quen o lea e interprete. Unha lectura que convida a crear unha nova versión. Unha lectura de imaxes que amosa diferentes estilos e técnicas.

E, como sempre, moi a ter en conta a calidade da editorial Media Vaca na súa edición. A importancia do seu traballo a dúas cores que convida a unha lectura repousada e atenta ao detalle.
Importante ofrecer ao noso alumnado este tipo de ilustracións dentro do bombardeo de imaxes e cores no que viven.

No hay comentarios:

Publicar un comentario